Que é Encrucillada

Encrucillada é unha publicación bimestral que desde o 27 de febreiro de 1977 aparece ininterrompida e puntualmente en números de cen a cento vinte páxinas que conteñen artigos de diversa factura e extensión.

Editada inicialmente por SEPT, actualmente conta con total autonomía de edición, e a súa redacción e administración ten a súa sede en Santiago. Desde o inicio da súa andaina foi dirixida polo teólogo e académico Andrés Torres Queiruga, teólogo e profesor da Universidade de Compostela, que segue á frente da Asociación Encrucillada. Actualmente é dirixida por Pedro Castelao, teólogo e profesor da Universidade Comillas.

Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

Monografías

Tomo I

As Letras Galegas na Encrucillada. Vol I e II

Celebramos o 40 aniversario da revista editando unha monografía: As Letras Galegas na Encrucillada, que recolle os 78 estudos literarios en 2 TOMOS.

O primeiro volume, As nosas Letras, recolle as 51 homenaxes escritas feitas desde 1978 a 2017 aos autores e autoras aos que a Academia foi dedicando o Día das Letras Galegas, desde Antonio López Ferreiro a Carlos Casares.

O segundo volume: Outros estudos, recolle 27 traballos que resaltan a espiritualidade na obra de recoñecidos autores das nosas Letras. Pecha a monografía un estudo de Xesús Portas Ferro sobre a perda de identidade cultural e literaria en Galicia no devalo da Idade Media.

                                                                       ***    ***   ***

Proximamente organizaremos presentacións en diferentes vilas galegas na medida das nosas posibilidades.

                                                                       ***   ***   ***

EDITOU: Asociación ENCRUCILLADA

Véndense os dous Tomos en conxunto cun PVP: 45 €

DISTRIBÚE: Vozesnavoz.

PEDIDOS a: La Voz de la Verdad, R/ bispo Aguirre, 17 - 27002-Lugo

Teléfono: 982 23 11 04

           00000000000000000000000000000000000000000000000000

Máis monografías

Número 233, maio-xuño 2023

Só en dixital

Encrucillada publicou

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal