Encrucillada é unha publicación bimestral que desde o 27 de febreiro de 1977 aparece ininterrompida e puntualmente en números de cen a cento vinte páxinas que conteñen artigos de diversa factura e extensión.
Editada inicialmente por SEPT, actualmente conta con total autonomía de edición, e a súa redacción e administración ten a súa sede en Santiago. Desde o inicio da súa andaina foi dirixida polo teólogo e académico Andrés Torres Queiruga, teólogo e profesor da Universidade de Compostela, que segue á frente da Asociación Encrucillada. Actualmente é dirixida por Pedro Castelao, teólogo e profesor da Universidade Comillas.
Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.