Encrucillada

Quere ser punto de encontro reflexivo, lugar de comuñón de experiencias para todos aqueles e aquelas que comparten a nosa mesma fe, aínda que poidan ser diversos e plurais na súa interpretación reflexa, que iso é a teoloxía. E quere ser unha man tendida ao diálogo con aqueles e aquelas que, sen compartir a nosa fe, se moven por idénticas arelas: servir a Galicia e servir ó ser humano de Galicia.

Revista

A revista Encrucillada é unha publicación bimestral que desde o 27 de febreiro de 1977 aparece ininterrompida e puntualmente en números de cen a cento vinte páxinas que conteñen artigos de diversa factura e extensión.

Desde o inicio da súa andaina foi dirixida polo teólogo e profesor Andrés Torres Queiruga, teólogo e profesor da Universidade de Compostela, que segue á fronte da Asociación Encrucillada da que forma parte a revista.  Actualmente é dirixida por Pedro Castelao, teólogo e profesor da Universidade Comillas.

A súa redacción e administración ten a súa sede en Santiago de Compostela.

Administración e subscricións

tesoureria@encrucillada.gal

Tlf: +34 616 688 266

Mesa de redacción

revista.encrucillada@gmail.com

TLF: +34 604079102

Premios e mencións

A revista Encrucillada obtivo o premio Pedrón de Ouro en 1991

Declarada asociación de Interese Público o 17/7/2008, co nº Galicia 7708

Recursos

Blog

Aquí atoparás as novas sobre o que facemos, o que intuímos, as sendas polas que camiñamos…

Monografias

Hai temas que merecen tempo e reflexión máis alongados… Hai historias que contar con nome propio e memoria agradecida…

Ligazóns

Nas encrucilladas da vida dialogamos e camiñamos con moitas persoas e en diversos espazos e así o noso horizonte  espallállase mais aló de nós…

Contacto

Enche o seguinte formulario para poñerte en contacto co noso equipo:

NOTA: Os datos recollidos nos nosos ficheiros informatizados, a partires dos facilitados por vostede, son confidenciais e só poderan ser utilizados para a tramitación da súa petición e para o envío de información en relación coa mesma. Conforme ao previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de datos de caráter persoal, vostede ten dereito a solicitar que lle sexan consultados, actualizados ou cancelados todos os datos facilitados.

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?