Foros encrucillada
Nacen no 1986 co gallo dos 10 anos da revista. Durante os primeiros anos denominouse Asemblea de Subscritores e Amigos. O seu obxectivo é achegar un espazo para os subscritores e demais persoas que o desexen, onde, a través de conferencias e intercambios se comparta unha experiencia común de fe.

XXXV Foro Encrucillada 2021
Teoloxía política do Papa Francisco
A teoloxía política non é a politización da teoloxía. No foro buscaremos reflexionar sobre as implicacións políticas que ten toda afirmación teolóxica e discernir de xeito acaído sobre elas, á luz da lóxica evanxélica do Reino de Deus e a opción preferente polos máis pobres.Vai ter lugar o sábado 23 de outubro, no Salón de actos do Colexio da Compañía de María de Santiago de Compostela (entrada polo portalón da rúa das trompas) coas precaucións covid recomendadas.
Horario
9.30: Inscrición
10.15: Presentación: Xosé María Fernández Vázquez
10.30: «A xeopolítica do Papa Francisco» Carlos García de Andoin (U do País Vasco)
12.30: «A economía do Papa Francisco» Sebastián Mora Rosado (Universidade Pontificia Comillas)
16.30: «A ecoloxía do Papa Francisco» Isabel Vilalba Seivane (Sindicato Labrego Galego)
18.00: Peche musical: Bea a de Estrella
Esperámosvos.
Compartide esta información con quen pensedes lle pode interesar.
Adxuntamos cartel
Saúdos cordiais