Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

COMPONENT_NEWS_IMAGES_IMAGE_ALT

Nº 201 da Revista ENCRUCILLADA

GUIEIRO DO Nº 201

Algo ben estraño sucede coa familia. Na orde da realidade non
hai cousa máis estimada. E de xeito natural e espontáneo. Así o re-
flicten as enquisas. Diso dan testemuño os milleiros de fogares, durante
a crise, sostidos polos ingresos dos anciáns da casa. A familia
é, de seu, un insubstituíble lugar de refuxio, solidariedade e pulo.
Porén, no ámbito do discurso público nada hai que teña connotacións
máis rancias, coma algo claramente demodé, que falar da
protección da familia.
É unha cousa estraña, pero así é.
De feito, esta tensión entre realidade estimada e discurso pexorativo
vólvese máis evidente cando a defensa da familia procede
da boca dos dirixentes eclesiais do noso país. Non é honrado non
recoñecer que, no noventa e nove por cento do que din, teñen toda
a razón respecto do coidado e protección que precisan os núcleos
familiares como células básicas do tecido social. Pero tampouco
o sería non facer explícito que o seu discurso imbra, ao estar inzado
de alcatreos de tempos pasados ou de gafumes de ambientes
excesivamente pechados ás novas realidades familiares que tamén
precisan un acaído discernimento que non ten por que ser sempre
negativo.
Outramente ocorre coa Exhortación Apostólica Amoris Laetitia
do 19 de marzo de 2016 do papa Francisco. Hai nela un novo recendo
deitado dun novo ollar que, non obstante, é tan vello coma
o Evanxeo.
Un primeiro estudo de Andrés Torres Queiruga danos o marco
xeral no que hai que comprender esa nova proposta que, como dixo
agudamente o cardeal W. Kasper, non cambia nada, pero cámbiao
todo. Torres Queiruga propón unha moral autónoma que libere á
relixión para a súa tarefa máis específica: a de fundamentar de maneira
absoluta o compromiso moral co ben e co obrar evanxélico.
Quen isto subscribe ocúpase dalgúns aspectos centrais dos capítulos
cuarto e quinto do amentado documento para ofrecer unha
reflexión sobre o amor no matrimonio. O decisivo está na proposta

de cambiar a perspectiva. De pensarmos de xeito inercial nunha
vivencia finita do amor só tendencialmente aberta ao infinito, non
deberiamos mudar o esquema para invertelo radicalmente?
Xosé Manuel Caamaño achégase á Amoris Laetitia desde a perspectiva
da teoloxía moral. Destaca o valor da conciencia e o énfase
nun necesario discernimento que, en absoluto, ten por que ser confundido
cun parcial subxectivismo.
Xaquín e Feli, por unha banda, e Marisa Vidal, pola outra, ofrécennos
dúas achegas nas que os primeiros contrastan a súa longa
experiencia matrimonial con determinados pasaxes do documento
destacando aspectos positivos e algunha limitación. O mesmo fai
Marisa Vidal, comezando por unha reflexión sobre as cuestións dos
roles e o xénero para sinalar a necesidade dun cambio radical á hora
de enfocar estes asuntos.
O documento da paz deste ano podédelo atopar na nosa web:
www.encrucillada.gal, lugar de encontro virtual onde tamén podedes
atopar todas as lecturas deste Ciclo A en soporte dixital. Este
número complétase coas habituais crónicas de política, cultura e
Igrexa, así como cos debuxos de Soedade Pite. Tamén incluímos un
feixe de interesantes recensións que esperamos sexan do gusto de
todos vós.
Pedro Castelao

Documento asociado

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal