Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

COMPONENT_NEWS_IMAGES_IMAGE_ALT

Nº 202 da Revista ENCRUCILLADA

Ten a súa disposición o número 202 DA REVISTA ENCRUCILLA

Coma sempre poden consultaar as dúas ligazóns: en aberto paara subscritores e limitda para visitantes da Web.

É un signo do noso tempo a apoteose do provisional, o enxalzamento do cambio, o eloxio do traslado e o movemento. O progreso é
concibido coma adaptación continua, mutación constante, actualización sempre aberta e sempre disposta a un novo comezo.
Pola contra, o estable, o permanente, o inmutable, o herdado
connota o desagradable recordo do rancio conservadorismo, o perigo de quedarse atrás, o medo de quedar superado polo propio tempo. E todo isto coma algo fondamente demodé do que cómpre fuxir
coma do demo.
O triunfo de Zara e Ikea serían imposibles se non imperasen na
nosas sociedades globalizadas os valores lowcost da celeridade, a
utilidade inmediata e a posibilidade de tirar novamente con todo
cando nos dea a gana. Esta é a clave: que nada nos ate, que nada
nos pese, que todo sexa portátil, que nada nos impida o cambio, a
transformación, o movemento, ese novo comezo do que sempre,
cada certo tempo, parecemos precisar.
Non será esta unha das razóns de que a nosas vidas teñan tantas
posibilidades de expansión e reincidencia horizontal e tan poucas
de profundidade vertical? A entronización do mudable impide a decisiva aposta pola permanencia, a autenticidade, a resistencia, calidades esas sen as cales non hai existencia humana digna de ser vivida. A parva admiración polo cambio mesmo posibilita o crecemento
de persoas e movementos con discursos camaleónicos cuxa divisa
se cifra na adaptación continua cristalizada en discursos oscilantes
que din a todos o que cada un quere ouvir. Non hai palabra. Non
hai pasado. Só unha leve e provisional instalación no presente que
está convencido de que sempre pode facer novo o que xa concibiu
fráxil e nunca perentorio.
E así temos existencias bonsáis. Podando ramas e coutando raí-
ces vivimos vidas achicadas incapaces de atreverse a pensar a eternidade. E sen pregunta pola eternidade non hai presente radical,
non hai densidade vital que nos permita concibir a liberdade que
nós mesmos somos coma a nosa capacidade para o defnitivo, para
o que xa non queremos someter novamente a ningunha nova negociación, para aquilo que asumimos como esencial e constitutivo na
nosa existencia. Ulises atouse ao mastro do barco para resistir, para
permanecer, para afrmarse a si mesmo ante o engaiolante reclamo
dos cantos de serea. Ser libre é atarse á palabra defnitiva e facerse
un con ela mantendo o propio discurso –feito vida– no balbordo
sempre oscilante e atractivo do ruído social.
Isto é o que signifca personalizar a fe. Isto é o que nos ofrece o cristianismo: un proceso de confguración persoal no Espírito coa Palabra
eterna de Deus Pai. Disto trata este novo número de Encrucillada.
Andrés López Calvo estuda os procesos catecumenais de iniciación. Alfonso Novo os pasos dados no último Sínodo Diocesano
de Compostela ao respecto. E tanto Mencha Leirós coma Marisa
Vidal e Manolo Regal nos achegan espazos –coma a Escola de Espiritualidade, o Espazo de teoloxía feminista ou o ámbito comunitario máis próximo– onde é posible enraizarse nun camiño no que o
cambio implica repouso, asentamento, maduración e afondamento.
En liña con estes mesmos procesos está o artigo de Xavier Carro
sobre Carlos Casares, autor homenaxeado neste ano 2017 no día
das Letras Galegas. A dimensión relixiosa é busca continua do rostro de Deus. O prof. Carro, e a ilustración de Sole Pite, axudan ao
lector a percibir na vida e na obra do escritor ourensán eses invisibles sendeiros de transcendencia.
Na sección de documentos recollemos dúas cartas. Unha escrí-
bea Christina Moreira e outra as Mulleres Cristiás Galegas. A primeira fala da vocación da autora ao sacerdocio. A segunda vai dirixida ao arcebispo de Compostela, logo de facer pública unha nota
sobre a cuestión do sacerdocio feminino a propósito da aparición
nos medios do ministerio de Christina.
No lugar para o recordo facemoslle sitio a unha muller cun periplo vital digno de coñecer –Mónica Homorodion– e a un músico
especial voceiro dunha cultura galega emerxente nas noites compostelás: Narf.
Pechamos o número coas habituais crónicas e cunha interesante
recensión.
Pedro Castelao

 

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal