Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

COMPONENT_NEWS_IMAGES_IMAGE_ALT

PUBLICADO O Nº 210

Contido do último Nº de E N C R U C I L L A D A

“..... María Pilar Wirtz Molezún, Jesús Martínez Gordo e Fernando Rivas Rebaque expuxeron, no salón de actos do Hospital de San Roque, os seus correspondentes relatorios, logo dunha presentación xeral de Marisa Vidal Collazo. Os lectores deste número poderán atopar aquí as ricas, suxestivas e documentadas reflexións aorespecto de todos eles.

O Foro rematou cunha «Danza da sabedoría» interpretada polo Ballet Druída, dirixido por Mercedes Suárez, sobre un texto de Carme Soto. As bailarinas foron Julia Méndez e Paula Ripoll. Publicamos o texto de Carme Soto.

Como achega publicamos tamén un texto de Fernando Vidal sobre o discernimento fnanceiro a propósito do documento Oeconomicae et Pecuniariae Quaestiones. Consideracións para un discernimento ético sobre algúns aspectos do actual sistema económico e fnanceiro, elaborado pola Congregación para a Doutrina da Fe en colaboración co Dicasterio para o Desenvolvemento Humano Integral. A isto sumámoslle unha importante Carta do papa Francisco sobre a pederastia. Ademais dámos tamén ao prelo un texto frmado por Francisco Martínez Sánchez louvando merecidamente os noventa anos do crego Uxío García Amor.

Algunhas recensións, a Crónica de Igrexa –sempre ben documentada e atenta ao esencial– así coma os debuxos de Soedade Pite completan un número co que fnalizamos un ano máis de
traballo compartido”.

_______________________________________________________________________________

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal