Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

COMPONENT_NEWS_IMAGES_IMAGE_ALT

Nº 223 DA REVISTA ENCRUCILLADA

Un primeiro estudo de Carme Soto aborda a cuestión da marxinación e a vulnerabilidade desde un achegamento á Biblia.
Antón Negro afonda nesta mesma perspectiva desde a historia da
Igrexa. Está tan estendido o prexuízo que comprende a Igrexa unicamente como un poder político, económico e social, que poucas
veces se repara, explicitamente, na súa monumental contribución
ao coidado e promoción dos pobres, dos máis desfavorecidos, dos
máis vulnerables en todo tempo e lugar.
Pepa Torres adopta unha perspectiva contemporánea. Da man
do filósofo Josep María Esquirol, debuxa uns trazos característi-cos da vulnerabilidade humana en xeral, para logo enfrontar eses
desafíos actuais que pasan pola recuperación do coidado, da interdependencia e por unha transformadora simbiose coa natureza
que permitan o desenvolvemento dunha sociedade que viva baixo
o signo da fraternidade e o acompañamento.
Tres achegas complementarias concretan máis as contribucións
dos estudos.

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal