Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

Novidades

CARTEL

XXXVI FORO ENCRUCILLADA Música relixiosa galega

                    XXXVI FORO ENCRUCILLADA  Música relixiosa galega

O 22 de outubro tendes unha cita coa música relixiosa en galego. Celebramos o XXXVI Foro Encrucillada, desde as 10h, co salón de actos do colexio da Compañía de María de Santiago. 

Este é o horario:

10:00 Presentación

10:30  Nuria Núñez Elissetche falará sobre A Música Relixiosa en Galego

12:00  Descanso

12:30  Manolo Regal Ledo e Xesús Portas Ferro terán un conversatorio sobre como evanxelizar cantando

A tarde ímola dedicar á música, facendo un pequeno festival que irá dende o altar ata o adro e máis aló. Contaremos coa presenza de Teresa Nécega - Borja e María - Xaquín e Xavi - Mero - Tonhito de Poi

Non o perdades!!

Convidade ás vosas amizades, e partillade esta información con quen pensedes lle poida interesar

Asoc. Encrucillada

INVITACIÓN

45 aniversario da Revista ENCRUCILLADA

Alégranos convidarvos ao encontro que terá lugar o venres 5 de agosto, ás 19:30h, no centro cívico de Canido para celebrar os 45 anos da revista Encrucillada. Adxuntamos tarxeta convite.

Contamos coa vosa asistencia e difusión

Saúdos

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal