Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

Novidades

Encontro con Andrés Torres Queiruga. Do literalsimo a maieutica históric

Despois do éxito dos coloquios dos pasados venres 12 con Marta García e 19 con Carmen bernabé convidámolos esta semana  ao último desta serie de tres conversas encadradas no marco dos Coloquios na Encrucillada que versan sobre Ler a Biblia Hoxe. 

Será o venres, 26 de febreiro, ás 20h, no zoom de Encrucillada, Desta volta, Andrés Torres Queiruga comentará o seu estudo, publicado no nº 220 da nosa revista, Fundamentalismo encriptado: a Biblia, do literalismo á maiéutica histórica que inserimos adxunto.

 

No seguinte enlace, Andrés Torres Queiruga é entrevistado por Carme Soto.  Na conversa, convídaos a ler a súa colaboración, suscitando preguntas que abran conversa. 

https://youtu.be/oqUzD3s6mQk

 

O día venres, 26 de febreiro, ás 20h, no zoom de Encrucillada, poderán asistir a un coloquio coa relatora, completamente de balde, para aclarará dúbidas e escoitar novos aportes sobre  hermenéutica bíblica.

Velaí o enlace para o coloquio 

Encontro con Andrés Torres Queiruga. Do literalsimo a maieutica histórica

26 Feb, 2021 08:00 PM MadridLink Zoom: 

https://zoom.us/j/95604280661

 

Animámolos tamén a que compartan esta información coas persoas que crean lles poda interesar. Tamén a partillalo por wahtsapp e nas súas redes sociais. Non fai falla ser subscritor/a para participar.

Xa saíu do prelo o nº 221 de ENCRUCILLADA

Publicación do Nº 221

 

XA SAÍ DO PRELO O Nº 221 DA REVISTA
"Cambian os tempos, pasan as modas e moitas das cuestións que
un día se deron por definitivamente extintas seguen aí.
A cuestión de Deus é, probablemente, o exemplo máis claro.
Anunciouse a próxima desaparición da relixión ante a xa acontecida «morte de Deus». Proclamouno profeticamente Nietzsche
no seu día –nese große Mittag do que falou Zarathustra– e unha
morea de voces sumáronse ao coro fúnebre do pranto posmoderno.
Ignoraban estes o que xa sabía Xenófanes de Colofón. Conta a
lenda que a moza Ino foi castigada pola deusa Hera por ter coidado de Dioniso. A muller de Zeus castigouna facéndolle perder
o sentido, de xeito que, collendo no colo o seu fillo Melicertes, a
humana Ino acabou tirándose ao mar. Os deuses olímpicos, por
compaixón, convertérona en Leucótea, deusa do mar. Segundo
refire Aristóteles no libro da Retórica, os habitantes de Elea preguntáronlle ao vello Xenófanes se debían ofrecerlle sacrificios e
cantarlle cantos fúnebres a Leucótea, a deusa branca. Xenófanes
deulles o seu parecer: «se a consideraban unha divindade, que
non lle entoasen cantos fúnebres; se un ser humano, que non lle
ofrecesen sacrificios»1. O divino nin morre nin pode morrer, pero
as inconsecuencias dos eleatas que combate Xenófanes están moi
lonxe de terse superado no noso tempo. Tamén de Deus se din
hoxe cousas que non proceden e tamén, no seu lugar, se divinizan
realidades que nin son nin poden ser divinas .......

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal