Rexístrese

Se vostede quere ser informado das actualizacións da páxina web de Encrucillada así como das actividades da Asociación Encrucillada envíenos os seus datos.

Política de privacidade

Monografías

Portada da monografía "Revolucionario e místico. Diario íntimo da doenza final"

Revolucionario e místico. Diario íntimo da doenza final

Este libro é o diario íntimo dun crego fronte á morte, un home de fe rexa e loitadora, de crenza fresca e nada convencional que nos dá un exemplo magnífico: desde as primeiras páxinas se nos amosa na decisión sen fisuras de querer vivir desde a fe a nova e desconcertante situación. Sen escapismos, sacralizacións ou falsos consolos. Abríndose ao misterio, tratando de comprender, asumindo a enfermidade, afrontando a morte.

Mais o verdadeiramente admirable é a maduración dunha existencia desafiada até o extremo de si mesma, pola última das situacións límite, a morte. Impresiona observar o avance na aceptación dos demais. Maduración que acaso foi símbolo dunha reconciliación máis profunda consigo mesmo. Non por "conversión" ou cambio de rumbo, senón por reaxustamento definitivo, como baixada estremecida e confiada aos fondais últimos do ser.

Desde o primeiro momento, Moncho "ora á súa enfermidade", vívea ante Deus, cun internamento progresivo na confianza e na intimidade. Non é simplemente que nolo diga el ("paréceme que me fixen máis espiritual", "hoxe son un contemplativo"). Observámolo nós. Sobre todo, nesa absoluta naturalidade coa que, de xeito continuo e desde o comezo, a reflexión se converte en oración directa, fervente, con sempre novos motivos e matices.

Esta monografía está esgotada. Pode baixala en PDF:

Moncho Valcarce Revolucionario e místico Diario íntimo da doenza final

Por: ENCRUCILLADA

 

Portada da monografía "1492. O encubrimento do Outro"

1492. O encubrimento do outro

Con esta obra, cedida xenerosamente en primicia polo prestixioso historiador, filósofo e teólogo latinoamericano Enrique Dussel, iniciouse a colección Monografías.

Dussel pertence ao grupo dos que permanecen afastados da glorificación das fazañas e das antigas glorias imperiais españolas; ao grupo dos que non aceptan criticamente unha suposta misión civilizadora do home branco europeo no mundo, como xustificación exculpatoria da aniquilación de xentes e culturas durante a conquista e a explotación colonial. A súa tese sobre o significado do 1492 como data "fundacional" dunha Modernidade que lexitima e agacha, encobre e oculta un proceso de violencia dominadora –revestíndose cun finximento de benéfica civilización que libera os salvaxes da súa barbarie– responde a unha novidosa proposta que, sen dúbida ningunha, ha estimular o lector a reconsiderar certas concepcións históricas asumidas a miúdo como indiscutíbeis.

Esta monografía está esgotada. Próximamente poderaa descargar en formato PDF

REDACCIÓN E ADMINISTRACIÓN

R/ Angel Rodriguez Gonzalez Nº 20-0 Bj

15702 Santiago de Compostela

Teléfono 981 813 608

encrucillada@encrucillada.gal