23F: Lembranzas de Rosalía

O 23 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela. Ese día comenzou a estrela, moitas veces escurecida, desta muller que segue sendo lumieira para Galicia.

Hoxe queremos lembrala escoitando a súa voz. Unha voz que quedou gravada en cada páxina das súas obra, en cada emoción que a inspiraba, en cada mirada comprometida á nosa terra, en cada recordo e en cada esforzo.

Rosalía é a memoria teimuda que non nos deixa abandonar a loita pola xustiza, a dignidade de pobo. Rosalía somos nós. Rosalía é Galicia.

A través das redes sociais pedimos aos compañeiros e compañeiras, aos amigos e ás amigas de Encrucillada que nos seguen nas redes, que lembrasen algún texto de Rosalía que lles resultaba máis significativo e co cal se identificaban máis.

Estas son as súas respostas

23F: Lembranzas de Rosalia de Castro
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Xesús Portas Ferro

Unha vez tiven un cravo 
cravado no corazón.
Unha vez tiven un cravo- Follas Novas, 1880
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Manolo Regal Ledo

En todo estás e ti es todo,
pra min e en min mesmo moras,
nin me deixarás ti nunca,
sombra que sempre me sombras.
Negra Sombra-Follas Novas, 1880
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Manolo Villasenín

Aí tes o meu corasón,
si o queres matar ben podes:
pero, como estás ti dentro,
tamén si ti o matas morres.
Cantares Gallegos, 1863
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Elvira Santos Pena

!Canta paxariño alegre, canta! !
Canta porque o millo medre, canta!
!Canta porque a luz te escoite, canta. Canta
que fuxeu a noite.
Alborada- Cantares gallegos, 1863
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Chema Fernández Vázquez

Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega,
consolo dos males, alivio das penas.
Cantares Gallegos, 1863
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Clara Baliñas Vidal

Tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces… estonces, cumpreuse a xusticia.
A xusticia pola man- Follas Novas, 1880
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Andrés Torres Queiruga

As campanas tocan lonxe
o tocar da Ave Maria.
Elas tocan pra que rece, 
eu non rezo, que os salocos
afogándome parece
que por min ten que rezar.
 Campanas de Bastabales- Cantares Gallegos, 1863
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Carme Solloso

O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teño máis que darche, nin ti
máis que me pedir.
Rosa de abrilCantares Gallegos, 1863
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Marisa Vidla Collazo

Tecín soa a miña tea,
Plantei soa o meu naval…
Tecín soia a miña teaFollas Novas, 1880
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Carme Soto Varela

Eu son libre.
Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, 
e eles son a lei que rixe o meu destino.
Lieders 1858.
23F: Lembranzas de Rosalia de Castro

Pedro F. Castelao

En el cielo, en la tierra, en lo insondable
Yo te hallaré y me hallarás.
No, no puede acabar lo que es eterno.
Ni puede tener fin la inmensidad.
Era apacible el día – En las orillas del Sar, 1884

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?