ORAR COA CASA COMÚN
1.CONTEMPLAR. ADMIRAR.
En silencio. Música suave de fondo. Pechando os ollos. Centrándonos en calquera criatura (mineral, vexetal, animal) da Casa Común que nos teña impactado pola súa fermosura, pola súa complexidade, pola súa grandeza, …; o noso propio corpo, ou mesmo algunha parte concreta do noso corpo: ollos, corazón, pulmóns.
…e contemplar, admirar, agradecer…
Cérrase este momento (5 m.) cantando
SEÑOR, DEUS NOSO, QUE ADMIRABLE É O TEU NOME
2.-AFONDAR, INTEGRAR.UNIFICAR, AGRADECER
A Creación, a Casa Común non é un conxunto de individualidades sen conexión. A Casa Común é un todo interrelacionado, interdependente. O noso propio ser: corpo, individuos, grupo, sociedade, no ser, no actuar; eternos debedores de todo o que nos fai indiviudos e sociedade.
A Casa Común é un UN en Deus, a súa orixe, sustento e plenitude.
Oramos escoitando a canción : Tudo está interligado (ofrecemos a versión en galego): Sumámonos polo menos no retrouso (estribillo)
TODO ESTÁ INTERLIGADO COMO SE FÓSEMOS UN,TODO ESTÁ INTERLIGADO NESTA CASA COMÚN.
O coidado coas flores do xardín,coas matas, os ríos e mananciais.O coidado co aire e os biomas,coa terra e máis cos animais.A loita polo pan de cada día,o traballo, saúde e educación,A loita para librarse do egoísmoe a loita contra toda corrupción.O diálogo na escola e na familiaentre pobos, culturas, relixións.Os saberes da ciencia, da política,da fe, da economía en comuñón.O coidado co ser en xestación,coas crianzas, un amor especial.O coidado cos enfermos e velliños,e cos pobres, opción preferencial.O esforzo contra o mal do consumismoa busca da verdade e do ben.Valerse do tempo de descanso,da beleza deste mundo e do alén.O coidado polo eu e polo tipola nosa ecoloxía integral.O cultivo do amor de San Franciscofeito solidariedade universal.
Agora en silencio, gozando a nosa integración e comuñón.
3.-VER. APRENDER. DISCIPULADO
Todos os seres estamos tocados polo amor creador de Deus. Todos os seres, todos, fomos creados máis ou menos a imaxe e semellanza de Deus. O ser de cada cousa, de cada animal, de cada persoa ábrenos á completa marabilla de Deus. Cada ser ten un aquel de mestra, ante o que cómpre poñernos en discipulado. Vexamos.
Mt 6, 26-30: Ollade para as aves do ceo: nin sementan, nin segan, nin recollen nas arcas e, con todo, son mantidas polo voso Pai celestial. Non valedes vós máis ca elas? E quen de vós, por máis que se angustie pode engadir un anaco máis ao tempo da súa vida?
E polo vestido, por que vos angustiades? Aprendede dos lirios do campo: como medran, e non traballan nin fían. E asegúrovos que nin Salomón en toda a súa gloria se chegou a vestir coma un deles. Pois se a herba do campo, que hoxe verdea e mañá será botada ao forno, Deus así a viste, canto más non fará por vós, persoas de pouca fe?
Lc 15, 4-7: “Quen de vós, se ten cen ovellas e perde unha delas, non deixa as noventa e nove no descampado, e vai en busca da perdida, a ver se a atopa? E cando a atopa, volve con moita alegría para a casa con ela no lombo; e, chamando pola xente amiga e veciña, dilles: “Alegrádesvos comigo, que atopei a ovella que perdera!”. Pois asegúrovos unha cousa: no ceo haberá máis alegría por unha persoa pecadora que se converta que por noventa e nove persoas xustas que non precisan conversión”.
Silencio: Que me din os paxaros do ceo, e os lirios do campo?
Que me di a ovelliña perdida, carrexada ao lombo polo pastor ou pastora?
Observo os seres da creación querendo aprender deles algo?
4.-COIDAR, RESPONSABILIZARSE
Para Xén 2, 4b-25 (segundo relato da creación): “O Señor Deus estableceu o home no xardín de Edén, para que o traballase e o coidase”(v.15). Non que o dominase, poñéndoo debaiso dos seus pés.
PREGARIA
Toma,poño a Casa Común nas túas mans:agradécea, gózaa, ámaa, cóidaa;para que os minerais poidan seguir sendo o que son,gozándose a si mesmos;para que vexetais e animais vivan placidamente a súa vida,que a iso teñen dereito;para que os seres humanos todosdesenvolvan hábitos de respecto e non de dominio,relacións de irmandamento e non de poder;para que outras persoas coma ti, de hoxe e de mañápoidan sentirse integradas gozando a fondona Casa Común que entre todos coidamos.Toma,poño a Casa Común nas túas mans,desenvolve a intelixencia, a humanidade,a conciencia, a firme decisión, o espíritopensa, móvete, organízate, loita, …Eu non te deixo en orfandade.Dentro de todo atoparasme a mincomo vida que todo o enche,como vigor que todo o sostén,como vencello que todo o une,como escudo que todo o defende,como premio que todo o coroa,como amor que todo o vertebra.Toma,póñoo todo nas túas mans,cóidate tamén a ti, xaora,, integramente,e contigo a todas as mulleres e homesde calquera clase e condición,empezando sempre polo máis baixo polo máis débil,e veraste entrañablemente coidado,maravillosamente exaltado,humanizado, divinizado.Ti e eu sendo Un/Unha con todo, con todxs.Así te soño comigo,así te soño na Casa Común:agora e sempre Un/Unha en todo, en todxs.
5.-LOANZA A DEUS PAI/NAI
QUE NOS FIXO COUSA TAN MARAVILLOSA
Cantiga: SANTO, TI É-LO SANTO (Xaquín Rodríguez Pomares)
SANTO, TI ES O SANTO,TI ES O SANTO, TI, SEÑOR,DEUS DO UNIVERSO,DEUS DE VIDA, DEUS DE AMOR. (BIS)
Bendito sexas ti, Deus do universo,Bendito sexas ti, Deus creador.Proclaman a túa gloria ceo e terra,Proclama o ceo e terra o teu amor.Bendito sexa sempre Xesús Cristoque é o que vén no nome do Señor.Hosanna nas alturas proclamamosA ti que estás no noso corazón.SANTO, TI ES O SANTO,TI ES O SANTO, TI, SEÑOR,DEUS DO UNIVERSO,DEUS DE VIDA, DEUS DE AMOR. (BIS)
UN TEMPO CON XESÚS
1.-Que ben estar contigo, Xesús,
que ben estar contigo
nesta comunidade de irmáns e irmás.
Ti sempre tes tempo para nós,
o teu gusto é estar cos seres humanos,
homes e mulleres,
calquera que sexa a nosa procedencia,
sexo, relixión, condición moral.
Sempre aí,
abrindo as portas da casa,
invitando a pasar, a ver, a experimentar.
Grazas. Xesús.
Grazas de corazón.
2.-Coas portas abertas,
meu irmán e mestre Xesús,
coas portas abertas
para poder acoller o que veña, a quen veña;
para poder saír á busca do sempre máis
ao que ti nos provocas.
Así quero estar ante ti, meu Xesús,
ante quen me rodea,
ante a vida.
Coas portas sempre abertas,
para que todo entre e todo saia
nun exercicio humilde de comuñón,
de solidariedade,
de agradecemento,
de alegría comunitaria.
Coas portas abertas, meu Xesús,
para que nada do teu,
nada do de Deus
quede á espera na soleira do meu ser;
para que nada do meu
quede agochado nos pregues do meu egoismo
ou da miña covardía.
3.-Confío en ti, meu Deus.
Na vida e na morte,
confío en ti, meu Deus.
Na hora da graza ou da desgraza
confío en ti, meu Deus.
Con sufrimento ou sen sufrimento,
confío en ti, meu Deus.
Aínda que o meu pecado me leve á desconfianza,
confío en ti, meu Deus.
Nas horas de éxito e nas horas de fracaso,
confío en ti meu Deus.
Máis alá de calquera medo, que me poida invadir,
confío en ti, meu Deus.
Porque sei que me queres moito,
confío en ti, meu Deus.
Pola palabra e exemplo do teu mesmo fillo Xesús,
confío en ti, meu Deus.
Pola preciosa semente irmandiña
que sementaches no meu corazón,
confío en ti, meu Deus.
Porque te quero,
confío en ti, meu Deus.
4.-“Cantas persoas pobres hai na nosa axenda?
Cantas horas do día pasamos con algunha delas?
Cantas delas nos rouban o sono?
Con cantas delas temos lazos de fonda amizade
e compartimos o pan a palabra, o diñeiro, a casa?
A cantas delas incluímos na nosa pregaria diaria
como imaxe viva do Deus que veneramos?
Pensemos e deduzamos.
Pensade e dicídeme ser realmente me queredes,
se realmente credes en min. Falamos.”
5.- O AMOR É O MEIRANDE
Cobizade os dons máis perfectos,
e non os que campan mellor,
preferindo sempre entre aqueles
o meirande que é o amor.
O AMOR É O MEIRANDEDOS DONS QUE NOS VEÑEN DE DEUS.O AMOR É O MISTERIOQUE A TODOS NOS CÓMPRE ENTENDER.
Podo do divino e do humano
en estrañas linguas falar;
se non teño amor, son talmente
coma o badalar da campá.
6.-
SANTO, TI ES O SANTO,TI ES O SANTO, TI, SEÑOR,DEUS DO UNIVERSO,DEUS DE VIDA, DEUS DE AMOR. (BIS)