CELEBRANDO O AMOR, A AMIZADE QUE XESÚS TEN CONNOSCO
1. PRESENTACIÓN
Por que miramos tanto a Xesús: recordo, estudo, corazón, seguimento….
Nós andamos tras del, e el anda tras de nós, en nós. Aquí, agora….
Unha experiencia, un xogo de namoro.
2. LECTURA DO CANTAR DOS CANTARES 2,8-14.
O amado ás portas
A AMADA
“Escoitade! É o meu amigo! Velaí vén!Choutando polos montes,brincando polos outeiros!Semella o meu amigo unha gacelaou un cerviño novo.Velaí que parou tras o noso muro,albisca polas fiestras,axexa polas reixas!
Aí vén o maio
Faloume o meu amigo; así dicía:“Érguete, amada miña,fermosa miña, ven xa!Xa fuxiu o inverno,foron pasando as chuvias,floriñas asomaron na campía,ven o tempo das ruadas,os arrolos da rula resoan nos nosos campos;o figueiral ten gromos,as vides botan flores recendentes.Érguete e ven, amada,fermosa miña, ven xa!
Pomba escondida
Miña pomba, nas fendas dos penedos,nos recantos das rochas,faime ver a túa figura,faime oír o teu falar,que é doce esa voz túa,e o teu xeito, lanzal!”
3. LECTURA “MAGNÉTICA” de Mt 11, 27-30
Silencio
4. CANTIGA:
ACHARTE PRESENTE NA VIDA,
FIARME DE TI SEN TE VER,
LEVAR UNHA LUZ ACENDIDA,
QUERER E DEIXARSE QUERER.
Abrirche se petas á porta,deixarte sentar ao meu lar,saber o que oírte me aporta,quedarse contigo a velar.
5. PIROPOS A XESÚS
6. XESÚS CRISTO AMIGO, DEUS E SALVADOR
(X.A. Miguélez)
Xesús Cristo amigo, Deus e Salvador,
bendígote ledo, douche adoración;
en ti recoñezo a Deus servidor,
fonte de tenrura e liberación.
Na cruz entregado fuches vencedor
do mal e da morte afrontando a dor,
porque sempre amaches, fuches redentor,
por beneficiarnos sufriches paixón.
Coa Igrexa confeso a resurrección,
eu créote vivo, xivo xunta a nós,
vivísimo en Deus, único Señor,
que gozo saberte con nós a carón!
A túa palabra é de Pastor bo
que conduce sempre a vida mellor,
eu quero gardala no meu corazón,
e guiarme en todo pola túa voz.
7. ACOMPAÑANDO A XESÚS EMPOBRECIDO, REZAMOS O NOSO PAI/NAI….
8. UN BO ABRAZO FINAL
A quen teñamos ao lado, dándollo ao irmán ou irmá estámosllo dando ao mesmo Cristo, ao mesmo Deus que mora nel.