A espiritualidade na teoloxía de Torres Queiruga
Encrucillada 177 (2010)
Estudar a teoloxía dun autor, cando se quere facer en sintonía verdadeira, é sempre unha tarefa moi especial, que pide comuñón empática e fraternidade eclesial. Estudar a teoloxía dun autor amigo e persoalmente querido facilita as cousas, por un lado; pero, por outro, faise tarefa máis delicada e mesmo comprometida. Eu, non son teóloga de oficio, aínda que si unha boa simpatizante da teoloxía, especialmente daquela que conecta coa vida, cos problemas reais e cos meus desexos fondos, que son os desexos de toda a humanidade. Por iso, non me vou centrar nos aspectos máis puramente teóricos e especulativos, déixoo para outros relatores e relatoras que, por sorte, temos entre nós, cuxa
contribución suporá, sen dúbida, un importante paso adiante no esclarecemento crítico da teoloxía de Andrés.