A miña experiencia dos Exercicios Espirituais

Encrucillada 144 (2006)

Falar dos Exercicios Espirituais é para min todo un desafío. Supón tocar unha experiencia dun gran valor simbólico na miña vida. Todas as persoas, crentes ou non, a través das propias opcións libres e do modo de asumir todo aquilo que nos ven dado, imos fraguando esa experiencia única e orixinal que constitúe a nosa identidade. No meu caso, esta experiencia humano – espiritual foi configurándose, a través do tempo, en estreita relación cos Exercicios Espirituais. Dunha ou doutra maneira, fóronme acompañando sempre e marcando fitos fundamentais do meu proceso vital.

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?