A miña irmá Tereixa: Memoria, presencia e chamada
Encrucillada 93 (1995)
Sempre admirei moito a miña irmá Tereixa. Detrás da súa fraxilidade adiviñábase a grandeza do seu ser. Tiña claro o sentido da súa vida: entregarse ós máis pobres, vivir sinxelamente entre a xente, promove-la organización entre os veciños, non falar mal de ninguén, non albergar dentro de si resentimentos, cultiva-la súa vida de oración. Nesta liña de fidelidade poñía con firrneza toda a súa enerxía vital. Tereixa era feble e vulnerable na súa sensibilidade, pero moi forte e tenaz na súa vontade. Desde hai trece anos vivía en Bazar, unha aldea preto de Santa Comba.