Presentación do libro “Falando de sonoridade. Encontro con Pilar Wirtz Molezún”

Falando de sororidade

Encontro con Pilar Wirtz Molezún

Este é un libro de homenaxe e recoñecemento a Pilar Wirtz Molezún, relixiosa da Compañia de María. Pilar é unha persoa fundamental na renovación da Igrexa galega e española a partir do concilio Vaticano II, sempre na sangrada, participando e liderando movimientos de renovación da vida relixiosa desde unha perspectiva democrática, feminista e galerista. Pilar é unha muller rompedora, apaixoada de abrir caminos novos que resalten a belleza e a dignidad de vivir e toda esa energía e todo o seu traballo están sempre inseridos nunca profunda vivencia espirirtual. 

 

Este libro nace de un encontro vivido o 11 de maio de 2025 en Santiago de Compostela no que celebramos a sororidade da man de Pilar. Foi un dia intenso, de palabra e celebración, do que dalgunha maneira queremos facer partícipe a quen se asome as páxinas deste libro. 

 

Pilar Wirtz Molezún é unha gran mestra de vida, á vez que compañeira de loitas e soños de moitas mulleres e homes buscadores, que, desde a espiritualidade e o discernimiento, viviron a súa experiencia de fe inseparablemente unida ao compromiso coa xustiza, desde a aldea máis pequena da Galicia rural, ata o clamor de novos movementos sociais urbanos como o feminismo. Non podemos imaxinar a recepción en Galicia, do Concilio Vaticano II, nin a igrexa en saída soñada por Francisco, sen a súa achega teolóxica, espiritual e tremendamente humana e fecunda.

Imaxes do encontro

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?