A Real Academia Galega inaugura o espazo na Rede dedicado a Begoña Caamaño

Begoña Caamaño. Letras Galegas 2026

A Real Academia Galega inaugura na rede o espazo dedicado a autora honeaxeada nas Letras Galegas este ano.

A Real Academia Galega inaugura na Rede as Letras Galegas de Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014). A sección irase nutrindo con novos contidos divulgativos arredor dunha creadora que elaborou unha singular revisión dos mitos literarios “no desexo de interpelar o seu tempo, o noso tempo” , e que emerxeu como narradora partindo das preguntas que se facía como xornalista, apunta a compañeira de profesión e amiga. Begoña Caamaño realizou unha “soberbia achega á literatura galega, pondo o foco na fundamental achega feminina ao seu pulo”, resume o presidente da RAG no artigo de apertura do seu ano. Henrique Monteagudo confía en que as súas Letras Galegas, “tributo debido e oportuno”, contribúan á “merecida difusión popular” da súa narrativa, mais tamén da “exemplar traxectoria como periodista defensora da información veraz, en tempos en que a comunicación social está intoxicada pola divulgación de loias que espallan o odio, a intolerancia e a confusión”. “A voz e a luz de Begoña Caamaño tinxirán de azul o Día das Letras Galegas 2026”

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?