A vida religiosa en Galicia: a súa evolución posconciliar
Encrucillada 100 (1996)
A vida relixiosa en Galicia, cunha evolución moi parella á da vida relixiosa en xeral, é un dos colectivos de Igrexa máis fortemente interpeladospolo Vaticano II. Ó longo destes anos foi facendo o seu camiño dando clarossignos de valentía e autenticidade, deixándose cuestionar moi fondamentepola chamada conciliar ó aggiornamento.
Este camiño, sen planificar a priori, non foi lineal nin sempre progresivo;nel, danse moi diferentes ritmos e acentuacións; non estivo exento de crises,desconcertos e contradiccións. Foron moitos os custos persoais, que setraduciron en saídas das congregacións, e moitos foron, tamén, os sufrimentosque acompañaron o cambio.