Rexistro sonoro da voz de Castelao
En 1941, na Central de Correos de Bos Aires, Daniel Alfonso Rodriguez Castelao fixo uso dunha singular tecnoloxía da época: a fonopostal. Un sistema de gravación de voz pensado para o envío de pequenas mensaxes de audio en paquetes especiais a través do sistema de correo.
A fonopostal foi grabada por Castelao en 1941 na Central de Correos de Bos Aires.
Ese disco de cartón contén un discurso en castelán de dous minutos e dezaoito segundos previo á estrea en Montevideo da obra Os vellos non deben de namorarse, e que foi enviado para escoitarse nese evento no que o autor non podía estar en persoa.
A fonopostal, preservada no Arquivo Sonoro de Galicia, foi obxecto dunha nova dixitalización en decembro de 2024 que agora pode escoitar. É, ata o momento, o único rexistro sonoro coñecido da voz de Castelao
Para coñecer máis sobre o contexto tecnolóxico e histórico das fonopostais e da gravación do documento sonoro de Castelao, podes consultar o artigo de Xaime Estévez, membro do Arquivo Sonoro de Galicia, poñendo en contexto este rexistro sonoro.