Acompañamento espiritual. Vida, tradición e teoloxía
Encrucillada 207 (2018)
Acompañamento e espiritualidade. Dúas palabras moi entrañables e queridas para min, que, ao longo do tempo, foron tomando corpo na miña vida e deixando unha fonda pegada. Síntoas como un don, como un gran regalo que me chegou dun xeito totalmente gratuíto e, ao mesmo tempo, doume conta de que foron obxecto de moito cultivo e dun intenso traballo persoal.