Empezamos o ano Luísa Villalta

Encrucillada no número 137  lembraba con este poema inédito de Helena Villar Janeiro o pasamento da nos escritora.  Hoxe volvemos a el para iniciar este tempo de homenaxe a esta escritora que tanto nos deu. 

¿Sería o violino
quen che ensinou a ser solista e solidaria,
el que, coma ninguén,
sabe escalar brillante a montaña da luz
e sustentar humildemente a orquestra?
É o que di o meu xardín sereno
co teu nome acochado nos primeiros xasmíns, nas últimas fresías
e na promesa das futuras rosas.
E xa dentro as palabras,
os versos,
os poemas,
os libros
borran a ortografía da dor coa que escribimos a última conversa.

(Abuín, Marzo de 2004)

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?