As comunidades LGTBIQ+ e aliadas propoñen aos bispos un traballo sinodal conxunto

Despois de celebrarse en Roma a primeira sesión da Asemblea do Sínodo da Sinodalidade, as comunidades cristiás LGTBIQ+ de España e aliadas queremos facer chegar á Conferencia Episcopal Española e aos seus bispos o documento anexo.

Pedímosvos a todas aquelas comunidades que o queirades subscribir que cumprimentedes o seguinte formulario e enviédelo antes do 13 de febreiro. A carta enviarémola o día 14, día de San Valentín e mércores de cinza (para que cada bispo interpréteo á súa maneira…).

Encrucillada xa asinou e convidámosvos a apoialo e a seguir o máis preto posible esta proposta, que se é aceptada axudará moito a estender a tenda eclesial para que toda persoa senta acollida e Deus non atope trabas para ofrecer o seu amor salvador e a súa presenza liberadora.

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?