Da dirección espiritual ó acompañamento persoal

Encrucillada 107 (1998)

A mesma palabra, acompañar, estanos indicando un novo talante e un novo estilo. Acompañar fálanos dunha busca conxunta, de horizontalidade na relación, de protagonismo da persoa para marca-lo paso da súa propia vida. Suxire que alguén fai con ela un treito do camiño, que é testemuña dos seus atrancos e das súas ansias de ben. Alguén que coa súa escoita e a súa palabra fai de comadroa que axuda a dar a luz o seu mellor ser: a descubri-lo querer de Deus sobre a propia vida.

Por outro lado, ser acompañante non é patrimonio de ninguén. Todos, homes e mulleres, sexa cal sexa a nosa condición, estamos chamados a exerce-lo ministerio laical do acompañamento. Estamos chamados a establecer relacións axudadoras e potenciadoras. E todos e todas, á súa vez, precisamos da axuda e do apoio cualificado dos demais.

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?