Dialogando coa miña irmá María
Encrucillada 166 (2010)
O presente escrito, como ben se pode apreciar, nace dunha íntima necesidade persoal e pensado para ser compartido nun entorno achegado e de amizade. Son consciente de que agora, ao ser publicado na revista, ábrese a un círculo moito máis amplo e xa sen contornos. Con todo, acepto con gusto a invitación da revista Encrucillada como homenaxe á miña irmá María.