Foros
Nacen no 1986 co gallo dos 10 anos da revista. Durante os primeiros anos denominouse Asemblea de Subscritores e Amigos. O seu obxectivo é achegar un espazo para os subscritores e demais persoas que o desexen, onde, a través de conferencias e intercambios se comparta unha experiencia común de fe.
XXXVI Foro Encrucillada 2022
Este é o horario:
9.30 Inscrición
10:00 Presentación
10:30 Nuria Núñez Elissetche falará sobre A Música Relixiosa en Galego
12:00 Descanso
12:30 Manolo Regal Ledo e Xesús Portas Ferro terán un conversatorio sobre como evanxelizar cantando
A tarde ímola dedicar á música, facendo un pequeno festival que irá dende o altar ata o adro e máis aló. Contaremos coa presenza de Teresa Nécega – Borja e María – Xaquín e Xavi – Mero – Tonhito de Poi
Non o perdades!!
Convidade ás vosas amizades, e partillade esta información con quen pensedes lle poida interesar
Asoc. Encrucillada