Na busca da súa responsabilidad historica: as relixiosas hoxe
Encrucillada 77 (1992)
Vivimos tempos escuros, tempos de crise, tempos de busca e desconcerto. Als mulleres participamos nesta situacion global, sentímonos nmergulladas nela, sufrimos e gozamos das súas consecuencias.
Tamén a vida relixiosa feminina busca con honestidade e decisión a súa propia identidade coma mulleres e o seu xeito de estar na sociedade e na Igrexa. Busca delicada e difícil, pola pluralidade do grupo, a complexidade institucional e o peso ideolóxico que pende sobre ela.