O encontro entre María e Isabel é un canto á acción salvadora de Deus. Un encontro que comeza sendo unha escena cotiá, de axuda e solidariedade entre mulleres, convértese na proclamación dunha mensaxe profética que anuncia a un Deus que o cambia todo, que sorprende e descoloca as nosas ideas sobre el. A pesar do marco patriarcal das narracións, móstrannos un modo feminino de nomear a Deus. Cada unha, coas súas propias circunstancias, vai ter un encontro único con Deus que as vincula de forma especial entre elas, pero tamén coa oferta salvadora de Dios.
María e Isabel, dúas mulleres fortes e fieis que nos convidan a deixarnos sorprender por Deus e a proclamalo desde a experiencia do misterio que habita a nosa vida e deixarnos desafiar por ese Deus con rostro feminino que as súas vidas proclaman. #4semanaAdvento
Xoán Bautista séntese urxido a un anuncio radical e urxente. Para el non se trata de ter fe en que Deus cambiará as cousas senón de empezar a cambialas. Só así poderán recoñecer a Boa Nova que Xesús encarna e da que el só se sabe mensaxeiro.
A través dun diálogo coa xente que acudira a escoitalo, Xoán vai concretando modos posibles para transformar a vida persoal e, desde ela, tamén a colectiva. Os cambios aos que convida teñen como horizonte a solidariedade e a xustiza e son punto de partida para poder acoller o camiño de vida e liberación que Xesús ofrece.
#3semanaAdvento
O recordo que Xoán fai das palabras de Isaías sitúanos nun novo espazo de esperanza. Nada se transforma senón nos arriscamos a saír do coñecido, a romper co “sempre foi así”, a conformarse co que hai.
O que vén de Deus nunca é estático, nin sacraliza o pasado, senón que é dinámico e convida o cambio. Por iso, a chamada do profeta é a confiar e acoller esa novidade de Deus que deseña paisaxes inéditas nos que sempre haberá camiños por explorar
#2semanaAdvento
As imaxes angustiosas e case violentas con que o texto describe un desastre futuro só son un escenario sobre o que mostrar o auténtico horizonte de liberación, a promesa de que ningunha escuridade pode impedir a vida.
A chamada non é a quedar no lado escuro senón a levantar a cabeza e sosternos na certeza de que Deus sempre loita ao noso lado contra o mal para que ningunha noite faga naufragar a nosa esperanza.
#1semanaAdvento