Oración de Arrupe a Xesús
Xesús, meu Deus, meu Redentor,
meu Amigo, meu íntimo Amigo,
meu corazón, meu cariño.
Aquí veño, Señor, para che dicir
desde o máis fondo do meu corazón
e coa máis grande sinceridade e agarimo
de que son capaz,
que non hai nada no mundo que me atraia,
senón soamente ti, meu Xesús.
Non quero as cousas do mundo.
Non quero consolarme coas creaturas.
Soamente quero baleirarme de todo e de min mesmo,
para te amar soamente a Ti.
Para Ti, Señor, todo o meu corazón,
todos os meus afectos, todo o meu agarimo,
todas as miñas delicadezas…
Oh Señor, non canso de cho repetir:
non quero nada senón o teu amor e a túa confianza.
Prométoche, xúroche, Señor,
escoitar sempre as túas inspiracións,
vivir a túa mesma vida.
Fálame moi frecuentemente
no fondo da alma
e esíxeme moito,
que che xuro polo teu Corazón
facer sempre o que ti desexas,
por cativiño e custoso que sexa.
Como che hei poder negar algo,
se o único consolo do meu Corazón
é agardar que caia unha palabra dos teus beizos,
para satisfacer os teus gustos?
Señor, mira a miña miseria, a miña dureza,
a miña debilidade…
Mátame antes de que che negue algo
que Ti queiras de min.
Señor, pola túa Mai! Señor, polas túas almas!,
dáme esa graza…