Nesta obra Xaquín Campo Freire ofrécenos unha reflexión sobre a viuvez, resultado dun proceso traumático e doloroso que require un longo labor de recomposición.
As viúvas e viúvos son cabeza de familia. Son familia; por veces ben numerosa. Son responsábeis da comunidade educativa e mesmo son familia de acollida para ascendentes, descendentes, parentes próximos ou achegados por diversos vínculos. Pero a sociedade actual non lles dá tal consideración. E na Igrexa?
A pastoral da saúde resulta adecuada, polo moito que pode achegar especificamente neste acompañamento e tamén na creación de grupos de axuda, que como Xesús, saiban pórse a carón deles e delas e produzan efectos sanantes, saudábeis e salvadores.