Monografia Letras Galegas

As Letras Galegas na Encrucillada. Vol I e II

25,00 

Celebramos o 40 aniversario da revista editando unha monografía: As Letras Galegas na Encrucillada, que recolle os 78 estudos literarios en 2 volumes coordinados por Manuel García Villasenín, Antón Gómez González e Marisa Vidal Collazo, con ilustracións de: Siro López e Sole Pite. O primeiro volume, As nosas Letras, recolle as 51 homenaxes escritas feitas desde 1978 a 2017 aos autores e autoras aos que a Academia foi dedicando o Día das Letras Galegas, desde Antonio López Ferreiro a Carlos Casares. O segundo volume: Outros estudos, recolle 27 traballos que resaltan a espiritualidade na obra de recoñecidos autores das nosas Letras. Pecha a monografía un estudo de Xesús Portas Ferro sobre a perda de identidade cultural e literaria en Galicia no devalo da Idade Media.