Os salmos hoxe. Versión oracional á luz do Evanxeo

16,00 

Para ninguén é unha novidade a inmensa riqueza oracional que se nos ofrece no libro dos Salmos. Nesta obra Manuel Regal Ledo fainos conscientes da dificultade enorme que moitos deles, na súa totalidade ou en parte, presentan para poder ser orados con relativa normalidade nos nosos tempos. Algúns salmos xa non se nos ofrecían como pezas de oración, a outros recortábanselles aquelas partes que os facían distantes a nós. Na nosa oración comunitaria ou individual encontramos pasaxes, versiños ou palabras soltas que poden resultar difíciles desde a sensibilidade cristiá que o Espírito foi inserindo nos nosos corazóns. Nesta obra, o autor axúdanos a dialogar cos salmos para que poidan ser auténtica oración desde a novidade de Xesús de Nazaret.

Outras publicacións recomendadas