Profecia de fe e galeguidade

Profecía de fe e galeguidade

15,00 

Dúas das asociacións das que foi promotora, Mulleres Cristiás Galegas Exeria e Encrucillada, promoven unha homenaxe aberta a Engracia Vidal Estévez, unha muller cun dobre compromiso ao longo de toda a súa vida, «a fe é a galeguidade». Engracia Vidal Estévez. Profecía de fe e galeguidade, é un libro coordinado por Mª Pilar Wirtz Molezún, Maite Pérez Vázquez, Elvira Santos Pena e Marisa Vidal Collazo, maquetado e deseñado por ávila&pite. Engracia Vidal naceu hai 80 anos en Cambados, estudou no colexio de Placeres e ingresou na orde do Sagrado Corazón. Licenciada en Historia e diplomada en Teoloxía, deu clases en varios centros da congregación. O Concilio Vaticano II marcouna profundamente. Foi a primeira muller profesora no Seminario Menor de Santiago e logo de abandonar a congregación, deu clases de Literatura Galega en Centros de Ensino Secundario de Ferrol e Pontevedra. Co teólogo Andrés Torres Queiruga foi promotora e fundadora da revista de pensamento cristiá Encrucillada. Tamén é autora de varias publicacións e libros, entre eles Por unha Igrexa tamén feminina. Os seus coñecidos subliñan que é unha persoa moi activa, solidaria e servizal, ademais de feminista.

Outras publicacións recomendadas