Este libro nce do amor que moitas persoas temos a Bernardo García Cendán. A súa enfermidade e pasamento deixounos orfos… por iso Marisa Vidal Collazo, Baldomero Iglesias Dobarrio e Rubén Aramburu Molet editaron esta homenaxe na memoria de Bernardo que recolle as palabras de agarimo de moitas persoas amigas así como os escritos do propio Bernardo. Todos estes poemas, cancións, textos e mesmo locucións radiofónicas reflicten a paz que el nos deixou. A súa recollida foi posible grazas á colaboración da súa familia e amigos. Ofrecemos para a venda ao público a segunda edición da obra