NA ESCOLA DE SAN BIEITO
(Estamos nun mosteiro trapense (O.C.E.O.) que segue a Regra de S. Bieito. Aproximámonos a catro aspectos importantes desa Regra e dos monxes que aquí a seguen para facer este momento de oración.)
Empezamos a oración traendo no corazón o nome, o rostro dalgunha persoa ou persoas especialmente empobrecidas. Xesús ofrécesenos nelas.
1. Cremos que Deus está presente en todas as partes e (…) con moita máis razón o debemos crer, sen dúbida algunha, cando asistimos ao oficio divino. Consideremos, pois, con que reverencia convén estar na presenza da divindade (…) e salmodiemos de tal maneira que o noso pensamento vaia de acordo coa nosa voz. (19,1.7).
Tomamos nós conciencia agora desta presenza de Deus no que somos e vivimos. En corpo e alma, sentímonos así en Deus, con Xesús, no Espírito.
2. Cando alguén chega pola primeira vez para abrazar a vida monástica, non se lle facilite a entrada.(58,1). Encargarase deles un ancián apto para ganar almas, que os velará coa máxima atención. Examinará coidadosamente se busca a Deus verdadeiramente…(58,6.7).
SALMO 42 (versión oracional á luz do Evanxeo)
Como devece a cerva pola auga dos regatos,así devece por ti, meu Deus, a miña alma.A miña alma ten sede de Deus, do Deus vivo:cando poderei ver o rostro de Deus?A miñas bágoas son día e noite o meu pan,mentres decote me din:“Onde está o teu Deus?”Cando diso me lembro, sinto saudades na alma:Eu marchaba á fronte do pobocara á casa de Deus,entre voces de xúbilo e loanzade xentío en festa
Por que desacougas, alma miña,e por que andas inqueda?Espera en Deus,volvereino loar outra vez:a miña salvación, o meu Deus.A miña alma esmorece,e por iso me lembro de ti,desde o Xordán, o Hermón e o Misar.Un abismo chama a outro abismocon fragor de cachoeira;as túas cristas e as túas ondaspasan por riba de min.Polo día outorga o Señor a súa axuda,pola noite cántolle ao Deus da miña vida.Direille: “Miña rocha,por que te sinto lonxe de min?Por que teño que andar penando,como persoa asoballada polo inimigo?”Québranseme os ósospolas burlas dos apresores,que decote me din:“Onde está o teu Deus?”Por que desacougas, alma miña,e por que andas inqueda?Espera en Deus,volvereino loar outra vez:a miña salvación, o meu Deus.
Con que determinación buscamos o rostro de Deus?
3. No rito da profesión o novicio di este verso (3)
Sostenme, Señor,conforme á túa promesa, e vivirei;non decepciones a miña esperanza”(Sl 118,116). (Regra 58, 21.22)Sostenme, Señor, conforme á túa promesa e vivirei;que non te decepcione na esperanza que ti tes posta en min.Temos “votos” de fidelidade con Deus?
4. ”Os pobres e peregrinos sexan acollidos con particular coidado e solicitude, pois neles recíbese a Cristo máis particularmente; por canto que aos ricos o propio temor que inspiran move a honralos” (53,15).
A noso coidado e solicitude coa xente máis empobrecida….Cristo neles?
Concluímos rezando o NOSO PAI/NAI, EN QUEN SOMOS E VIVIMOS.