Lembrar en galego. Un dereito e un compromiso
Chema Fernández
Hoxe tiven a oportunidade de asistir ao acto de Restauración da Memoria Lingüística que se celebrou na parroquia pontevedresa de Cerponzóns, unha cerimonia que homenaxeou a todos os que fixeron posible que Galicia siga a ter cultura e lingua de seu, como se lembra na placa que se descubriu no camposanto, patrocinada polo Concello coa colaboración da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNL).
Parabéns e un bo feixe de gratitude para todas estas persoas e entidades que, como as de hoxe, seguen a loitar por dignificar a nosa lingua.
Na súa intervención o Vigairo Territorial de Pontevedra, Luis Seoane, lembrou a entidades e persoas de Igrexa que teñen unha importante intervención na defensa e emprego da nosa lingua e citou a: revista Encrucillada, Escola de Espiritualidade, Irimia, Romaxe de Crentes Galegos… para nos creentes galeg@s é unha honra ser parte dista historia e deste compromiso.
No Faro de Vigo recolliase asi a nova
Viviron toda a vida en galego, e o seu dereito é que a eternidade tamén os lembre na súa lingua. Carmen Recarei Cochón, Taberneira da Rons, Juan Esperón Moldes, Juan da Rons, Jesús Recarei Lourenzo, O Roque, e Ramona Cochón Ramos, Ramona da Rons, integrantes da mesma familia, descansan dende este domingo recordados na fala dos seus.
A memoria destes catro veciños de Cerponzóns foi esta mañá a gran protagonista do acto de Restauración da Memoria Lingüística que se celebrou na parroquia pontevedresa, unha cerimonia que homenaxeou a todos os que fixeron posible que Galicia siga a ter cultura e lingua de seu, como se lembra na placa que se descubriu no camposanto, patrocinada polo Concello coa colaboración da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingúística (AFNL).