A presenza de Deus na miña vida
Encrucillada 211 (2021)
Despois de re-cordar, mente e corazón, a historia da miña vida desde a idealización que dá o tempo, teño unha dobre sensación: que todo nela é graza e agasallo gratuíto de Deus e, ao mesmo tempo, que nela tamén hai moito traballo persoal. Creo que esta dobre sensación responde á verdade máis fonda e misteriosa da nosa existencia crente.
Deus estanos creando por Amor, todo o que somos está sendo orixinado pola súa Presenza salvadora, todo o que hai en nós, tamén o que facemos, é regalo de Deus; «todo é graza». Pero Deus crea creadores e creadoras: solicita a nosa colaboración para que o seu Amor se faga eficacia histórica no mundo. Canto somos e facemos é ser e deixarse facer por Deus.