Xoán Bernárdez Vilar. Memoria na encrucillada

Xoán Bernárdez Vilar. Memoria na encrucillada

Hoxe queremos facer memoria do noso compañeiro e amigo Xoán Bernárdez. Foi colaborador asiduo e entregado na nosa revista e deixou a súa pegada en moitas das súas páginas  especialmente, na seccion da crónica da Cultura  na que con intuición serea e aguda sensibilidade foi poñendo en valor o que ía acontecendo na cultura galega con ese horizonte universalista tan propio del.  

Foi membro do consello de redacción da revista dende o ano 1999 ata o 2022. levou adíante a sección “Cronica da cultura dende  o ano 1999 ata o 2018 . Permanece no noso recordo como alguén que soubo moverse ben nas encrucilladas e tamén na nosa.

 Nado en Marín en 1936, faleceu o 25 de marzo  en Vigo, onde residía dende 1952. O escritor e historiador colaborou no programa de radio Raíz e Tempo(1965-1975), o primeiro en galego emitido dende Galicia tras a guerra civil, e desenvolveu unha vizosa carreira como autor de novelas e ensaios sobre diversos temas históricos que mereceron numerosos galardóns. No ano 2003 ingresou na RAG como membro correspondente.

Traballador de Caixanova dende o ano 1957, alí coñeceu a Xaime Isla Couto e a través del comezou a relacionarse coa intelectualidade galeguista. Entre 1964 e 1968 dirixiu o semanario Galicia Social, onde publicou a súa tradución dos evanxeos ao galego. En 1965 foi cofundador da Asociación Cultural de Vigo e entre ese ano e 1975 colaborou co programa Raíz e Tempo, que dirixía Xohana Torres na emisora de radio La Voz de Vigo. Neste primeiro espazo fíxose cargo duns 800 episodios sobre a historia de Galicia que se emitiron en distintas ocasións tanto nesta cadea como en Radio Ecca.

 Dirixiu ademais a revista dos empregados de Caixanova, Latexo, entre 1966 e 1970 e de 1993 a 1997. Tras se xubilar anticipadamente á causa da fusión das caixas do sur de Galicia, doutorouse en Historia, carreira que cursara tamén serodiamente, coa tese O extraordinario mundo da “Ora Marítima”

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?