XXVI Encontros para a Normalización Lingüística

XXVI Encontros para a Normalización Lingüística

A lingua nos ritos funerarios

O 15 de octubro celebráronse en Santiago de Compostela, organizados polo Consello da Cultura Galega, os XXVI encontros para a normalización lingüística baixo o lema Vivir e perdurar na nosa lingua. Pola mañá interviron Manuel Regal Ledo e Victorino Pérez Prieto que reflexionaron sobre a significación da lingua escollida para os actos funerarios e David Canto Veiga que proporcionou datos do uso da lingua nas lápidas dos camposantos. Esta primeira sesión foi seguida por un coloquio con representantes das diversas confesións relixiosas presentes en Galicia.

Á tarde unha mesa coloquio con representantes de empresas funerarias analizou as iniciativas normalizadoras do sector funerario e a seguir presentáronse recursos e iniciativas dinamizadoras no ámbito dos actos funerarios.

Xaime G. Ortega


 

A importancia da lingua escollida para os ritos funerarios de distintas confesións relixiosas, a súa pegada cultural e antropolóxica e a nosa relación con ese momento a través da nosa lingua será o eixo central dos XXVI Encontros para a Normalización Lingüística organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral da Lingua. A cita, titulada Vivir e perdurar na nosa lingua, . A xornada foi presencial pero pode seguirse en directo no sitio web do CCG e as súas redes.

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?