Un ano máis a Asociación Encrucillada ten o gusto de convidalos a participar no XXXVII Foro Encrucillada para dialogar sobre unha cuestión que cada día preocupa máis na nosa sociedade: o traballo digno. Será o próximo sábado 21 de outubro, dende as 10 ás 18:30h, no salón de actos do colexio da Compañía de María en Santiago de Compostela.

Que traballo queremos para o século XXI? A Doutrina Social da Igrexa ten reflexionado abondo sobre este tema dende o século XIX. A situación actual de globalización e deslocalización, a crise económica e a migración, fannos mirar de fronte e abordar con seriedade as causas que están a producir a precariedade laboral. O traballo é un dereito universal que dun tempo a esta parte se está a ver cada vez máis desvalorizado.

No Foro Encrucillada buscamos ver que mensaxe actual ten a Igrexa para iluminar esta realidade. Sobre cales son as liñas mestras da teoloxía do papa Francisco nesta cuestión falaranos Mons. Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo-Ferrol. Francisco Porcar Rebollar, militante da IOAC-HOAC poñerá o foco na doutrina social da Igrexa buscando xerar unha nova cultura política desde a perspectiva do ben común e a xustiza. Eloína Ingerto López, da Fundación Juan Soñador acercaranos á realidade do traballo digno en Galicia, facendo a necesaria aterraxe de todas estas cuestións na nosa terra.

Pecharemos o foro cun breve momento de reflexión persoal iluminada polas palabras de persoas que fixeron do dereito ao traballo digno a súa loita.

Este será o horario:

10:00 Presentación do XXXVII Foro EncrucilladaTito Suárez Pérez

10:30 O traballo á luz do pensamento do Papa FranciscoMons. Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo- Ferrol.

12:00 Descanso

12:30 O traballo na Doutrina Social da IgrexaFrancisco Porcar Rebollar, da IOAC-HOAC.

16:30 Unha vida digna, un traballo dignoEloína Ingerto López, Fundación Juan Soñador.

18:00 Peche do acto

Animámolos a que espallen a noticia deste evento nos seus medios de difusión.

Accede á revista

Encrucilla 233

Xa es subscritor/a?