Exposición 55 anos da liturxia en galego (1969-2024)
O 7 de xaneiro de 1969 recibiuse do Vaticano a aprobación do galego como lingua litúrxica. Con ocasión dos 55 anos desa data, a Editorial SEPT, en colaboración co arcebispado de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, preparou unha exposición na que se explica o proceso polo que se chegou a ese recoñecemento e no que tiveron un papel esencial as persoas leigas que defendían a inculturación da Igrexa en Galicia na liña da doutrina do Concilio Vaticano II.
A exposición, instalada no claustro pequeno de San Martiño Pinario, permanecerá en Santiago entre o 22 de xaneiro e o 29 de febreiro de 2024.
Encrucillada publicou
En Encrucillada desde os comezos sempre houbo unha fonda preocupación por que a igrexa galega falase en galego. Aquí vos deixamos algunhas reflexións que ao longo dos anos na revista foron publicados sobre a liturxia en galego.
O galego na liturxia: curiosidades dunha crónica. por Xose M. R. Pampín
O galego na liturxia. Por Xosé Antón Miguelez e Manolo Regal
Os Himnos do Diurnal Galego: a mellor colección de poesía relixiosa galega. por Victorino Pérez Prieto
O Concilio Pastoral de Galicia: unha visión “nova”. Por Xosé Manuel Caamaño e Pedro Castelao
O Concilio Pastoral de Galicia e o Galego. Por Pedro Castelao
A cómoda inercia castelanista da Igrexa galega. Por Manuel Cabada Castro
XXXVI Foro Encrucillada: Música relixiosa galega